Proxecto de documentación de GNOME
gnome-doc-list@gnome.org
Equipo de documentación de Ubuntu
Algúns consellos sobre o uso da guía do escritorio de Ubuntu.
Sobre esta guía
Esta guía fai un percorrido polas caraterísticas do escritorio, respostas a dúbidas relacionadas co computador e consellos para usar o equipo máis eficientemente.
-
Esta guía está dividida en pequenos temas prácticos, non en capítulos. Isto significa que non terá que ollar todo o manual para atopar a resposta a unha pregunta.
-
Os elemento relacionados están ligados xuntos. As ligazóns «Vexa tamén» no fondo dalgunhas páxinas dirixen a temas relacionados.
-
A caixa de entrada de texto na parte superior da guía actúa como unha barra de busca e os resultados relevantes aparecerán debaixo cando comece a escribir. Facer un clic dereito nun resultado fará que se mostre a súa páxina.
-
Esta guía está en constante mellora. Aínda que tentamos ofrecer un conxunto comprensíbel de información útil, sabemos que non é posíbel responder a todas as preguntas aquí. Seguiremos engadindo máis información para facer as cousas aínda máis útiles.
Grazas por dedicar un tempo a ler a Guía de escritorio de Ubuntu.
-- O equipo de documentación de Ubuntu