Neste contexto un disco de arranque é un dispositivo USB flash desde o que se pode arrancar e instalar Ubuntu. A capacidade do dispositivo flash USB debe ser cando menos de 2 GB. Todos os datos do dispositivo flash USB perderanse cando cree o disco de arranque.
Asúmese que descargou unha imaxe ISO do Ubuntu.
-
Abrir o Creador de discos de arranque na barra de busca Actividades.
-
Se a imaxe ISO está no cartafol de Descargas e hai unha única imaxe ISO, o Creador de discos de arranque teraa seleccionada. Noutro caso seleccione manualmente a imaxe ISO correcta.
-
Se o computador só ten un dispositivo flash USB, o Creador de discos de arranque terao seleccionado, noutro caso terá que seleccionar o dispositivo correcto manualmente.
-
Prema Crear disco de arranque.
-
Prema Si para confirmar. o proceso debería tardar menos de dez minutos.
-
Saia cando se abra a xanela de «Instalación completa».