Equipo de documentación de Ubuntu
Greg Beam
ki7mt@yahoo.com
Synaptic é unha potente pero complicada alternativa de xestión de software a Ubuntu Software.
Use Synaptic para unha xestión de software máis avanzada
O xestor de paquetes Synaptic é máis poderoso e pode realizar tarefas de xestión do software que o Ubuntu Software non pode. A interface de Synaptic é máis complicada e non admite novas funcionalidades do Ubuntu Software como son as puntuacións e os comentarios, por este motivo non se recomenda aos novos usuarios do Ubuntu.
Synaptic non vén incluído no sistema, pero vostede pode instalalo desde o arquivo de paquetes de Ubuntu.
Instalar software con Synaptic
-
Abra Synaptic na barra de busca Actividades. Precisará introducir o contrasinal na xanela de Autenticación.
-
Prema Buscar para atopar un aplicativo ou prema Seccións e bote unha ollada para localizalo nas categorías.
-
Prema co botón dereito no aplicativo que desexa instalar e seleccione Marcar para instalar.
-
Se se lle pide marcar os cambios adicionais, prema Marcar.
-
Seleccione outros aplicativos que desexe instalar.
-
Prema Aplicar e despois na xanela que aparece volva premer Aplicar. Os aplicativos seleccionados descargaranse e instalaranse.
Para obter máis información sobre o uso do Synaptic, consulte Synaptic How To.