Instalar unha PPA
-
Na páxina de información da PPA , busque a cabeceira Engadir esta PPA ao seu sistema. Fíxese na localización da PPA que debería ser similar a: ppa:mozillateam/firefox-next.
-
Prema na icona do Ubuntu Software situada na Doca ou busque Software na barra de busca das Actividades.
-
Cando se inicie o Ubuntu Software, prema en Software e actualizacións
-
Vaia á lapela Outro software.
-
Prema Engadir e introduza a localización da PPA (como se dixo no paso 1).
-
Prema Engadir orixe. Despois introduza o seu contrasinal na xanela de autenticación.
-
Peche a xanela de Software e actualizacións. Ubuntu Software buscará novas actualizacións nas súas orixes de software.