Equipo de documentación de Ubuntu
Elimine aplicativos que xa non usa.
Retirar un aplicativo
Un aplicativo é software que ten unha interface gráfica de usuario (GUI). Pode usar Ubuntu Software para eliminar aplicativos que xa non usa.
Os aplicativos están dispoñíbeis en dous formatos: paquetes snap e paquetes Debian. Un aplicativo dispoñíbel como paquete snap será nomeado de agora en diante como snap. Algúns aplicativos están dispoñíbeis en ambos os formatos. Neste caso no Ubuntu Software o snap aparecerá primeiro na lista.
Tamén pode eliminar software que non ten unha interface gráfica. Para facelo pode usar o Synaptic. Teña en conta que o Synaptic non lista snaps.
Para eliminar un aplicativo:
-
Prema na icona do Ubuntu Software situada na Doca ou busque Software na barra de busca das Actividades.
-
Cando se abra o Ubuntu Software, prema no botón Instalado na banda superior.
-
Busque o aplicativo que desexa retirar usando a caixa de busca ou mire na lista de aplicativos instalados.
-
Seleccione o aplicativo e prema Eliminar.
-
Confirmar que desexa eliminar un aplicativo.
-
Pediráselle que se autentique por medio do contrasinal. Despois de facer isto, o aplicativo será retirado.
Algúns aplicativos dependen doutros para funcionar correctamente. Se elimina un aplicativo que é necesario para outro programa, eliminaranse ambos os dous. Pediráselle a confirmación antes de proceder.