Equipo de documentación de Ubuntu
Engada repositorios para ampliar as orixes de software que Ubuntu usa para instalacións ou anovacións.
Engadir repositorios de software
Ademais dos repositorios de software predeterminados de Ubuntu, tamén hai programas dispoñíbeis en orixes de terceiros. Se quere instalar programas desde un repositorio de terceiros, deberá engadilo na lista de repositorios dispoñíbeis de Ubuntu.
Engada unicamente repositorios de software desde orixes de confianza.
A seguranza e fiabilidade dos repositorios de terceiros non están comprobados polo persoal de Ubuntu e poden conter software prexudicial para o seu computador.
Para engadir un repositorio:
-
Prema na icona do Ubuntu Software situada na Doca ou busque Software na barra de busca das Actividades.
-
Cando se inicie o Ubuntu Software, prema en Software e actualizacións
-
Solicitaráselle que introduza o seu contrasinal. Despois de introducilo vaia á lapela Outro software.
-
Prema Engadir e introduza a liña de APT do repositorio. Debería estar dispoñíbel no sitio web do repositorio e ter un aspecto similar a este:
deb http://archive.ubuntu.com/ubuntu/ focal main
-
Prema Engadir orixe e despois peche a xanela de Software e actualizacións. O Ubuntu Software buscará actualizacións nas orixes de software.
-
A maioría dos repositorios proporcionan unha chave de sinatura para poder comprobar os paquetes descargados. Por iso ademais dos pasos superiores, debería seguir as instrucións sobre como descargar e instalar a chave de sinatura (chave GPG).
Activar o repositorio de socios de Canonical
O repositorio dos socios de Canonical ofrece algúns aplicativos propietarios de forma gratuíta pero de código pechado. Inclúe software como Adobe Flash Plugin. O software deste repositorio aparecerá nos resultados das buscas no Ubuntu Software pero non o poderá instalar ata que active o repositorio.
Se desexa activar o repositorio, siga os pasos anteriores para abrir a lapela Outro software en Software e actualizacións. Se pode ver o repositorio Socios de Canonical na lista, asegúrese que está marcado, despois peche a xanela Software e actualizacións. Se non pode velo, prema Engadir e introdúzao:
deb http://archive.canonical.com/ubuntu focal partner
Prema Engadir orixe e despois peche a xanela de Software e actualizacións. Agarde un chisco a que o Ubuntu Software descargue a información do repositorio.