Equipo de documentación de Ubuntu
ubuntu-doc@lists.ubuntu.com
Con Empathy poderá conversar, facer chamadas de voz e de vídeo con amigos e colegas de numerosas redes
Mensaxería instantánea con Ubuntu
Co aplicativo Empathy, pode conversar con xente en liña e con amigos e colegas que usen Google Talk, AIM, Windows Live e moitos outros programas. Cun micrófono ou cámara web tamén pode manter conversas de son ou vídeo.
Empathy non está instalado predeterminadamente en Ubuntu, pero vostede pode instalalo desde o arquivo de paquetes do Ubuntu. Para obter axuda no uso do Empathy, lea o manual do Empathy .