Equipo de documentación de Ubuntu
Skype é un software privado e debe instalarse manualmente en Ubuntu
Cómo usar Skype en Ubuntu?
Skype é software privado que permite facer chamadas por internet desde o computador.
Skype usa tecnoloxías descentralizadas de par-a-par para que as súas chamadas non dependan dun servidor central senón de servidores distribuídos e doutros usuarios.
O software de Skype é de uso libre pero non é software libre; o código fonte é propietario e non está dispoñíbel para modificalo.
Skype non vén instalado no Ubuntu de xeito predeterminado. Siga estes pasos para instalar Skype para Linux:
Abra o navegador e vaia á páxina Download Skype.
Prema no botón Obter Skype para Linux DEB.
Na xanela que aparece, seleccione Abrir con e Instalar software (predeterminado) despois prema o botón Aceptar.
Ubuntu Software está aberto. Prema no botón Instalar e autentíquese.