Phil Bull
philbull@gmail.com
Equipo de documentación de Ubuntu
Quizais necesite instalar Flash para poder ver algúns sitios web que mostran vídeos ou en páxinas web interactivas.
Instalar o engadido de Flash
Flash é un engadido para o seu navegador web que lle permite ver vídeos e usar páxinas web interactivas nalgúns sitios. Mentres HTML, unha solución máis moderna, está medrando en penetración aínda hai algunhas webs que non funcionan sen Flash.
Se non ten Flash instalado probabelmente vexa unha mensaxe indicándollo ao visitar un sitio web que o necesita. Flash está dispoñíbel como unha descarga de balde (pero non é de código aberto) para a maioría dos navegadores web.
Adobe anunciou que deixará de actualizar e distribuír o Flash Player ao remate do 2020. En consecuencia, por razóns de seguranza, non se debería usar o engadido Flash despois desta data.
Hai dúas clases de engadidos dispoñíbeis:
-
NPAPI para Firefox e outros navegadores web baseados en Gecko.
-
PPAPI para Chromium e outros navegadores web baseados en Blink incluídos Opera e Vivaldi
O navegador Google Chrome distribúese co paquete Flash e non precisa un engadido.
instalador do flashplugin
O paquete flashplugin-installer proporciona o engadido NPAPI para o Firefox. Instale o paquete e reinicie o navegador.
adobe-flashplugin
O paqute adobe-flashplugin proporciona os engadidos NPAPI e PPAPI, isto é, proporciona Flash para os navegadores web Firefox e Chromium.
-
Asegúrese de que o repositorio dos socios de Canonical está activado.
-
Instale o paquete de adobe-flashplugin.
-
Reinicie o navegador.
browser-plugin-freshplayer-pepperflash
Algunhas características do engadido PPAPI, como a aceleración 3D e o vídeo premium DRM non están dispoñíbeis no engadido NPAPI. Se usa o Firefox ou algún outro navegador baseado en Gecko e precisa estas funcionalidades pode instalar o paquete browser-plugin-freshplayer-pepperflash. É un encapsulador que permite que o Firefox use o engadido PPAPI.
-
Asegúrese de que o adobe-flashplugin está instalado.
-
Abra unha xanela do terminal premendo CtrlAltT e instale o paquete browser-plugin-freshplayer-pepperflash:
sudo apt install browser-plugin-freshplayer-pepperflash
-
Reinicie o navegador.
Navegador web fornecido como paquete snap
Se usa Firefox ou Chromium como snap, os paquetes descritos anteriormente non axudan. No canto disto, suxírese seguir os pasos de embaixo para poder utilizar Flash.
Teña en conta que sempre debería utilizar a versión máis recente de Flash. Isto significa que ten que repetir os pasos 2 a 7 de cando en vez para seguir accedendo aos servizos web que requiran Flash.
Firefox como snap
-
Cree uncartafol plugins:
mkdir ~/snap/firefox/common/.mozilla/plugins
-
Vaia a https://get.adobe.com/flashplayer/.
-
Descargue o ficheiro .tar.gz para Linux.
-
Navegue até o cartafol no que estean os ficheiros descargados.
-
Extraia os ficheiros do arquivo descargado:
tar xf flash_player*
-
Copie libflashplayer.so ao cartafol plugins:
cp libflashplayer.so ~/snap/firefox/common/.mozilla/plugins
-
Reinicie o navegador.
Chromium como snap
-
Cree un cartafol lib:
mkdir ~/snap/chromium/current/.local/lib
-
Vaia a https://get.adobe.com/flashplayer/.
-
Descargue o ficheiro .tar.gz para Linux.
-
Navegue até o cartafol no que estean os ficheiros descargados.
-
Extraia os ficheiros do arquivo descargado:
tar xf flash_player*
-
Copie libpepflashplayer.so ao cartafol lib:
cp libpepflashplayer.so ~/snap/chromium/current/.local/lib
-
Reinicie o navegador.