-
Prema AltF2 e escriba ubuntu-bug nameofprogram
Se ten algún problema co hardware ou non sabe o nome do programa afectado, escriba ubuntu-bug
Despois de executar algunha das ordes anteriores, Ubuntu recopilará información sobre o fallo. Este proceso pode levar uns minutos. Se o desexa, revise a información recollida. Prema Enviar para continuar.
Abrirase unha nova lapela do navegador web para continuar procesando os datos do fallo. Ubuntu usa o sitio web Launchpad para xestionar os informes de fallo. Se non ten unha conta en Launchpad, precisará rexistrarse para enviar un informe e recibir novidades sobre o estado do fallo. Pode facer isto premendo en Crear unha nova conta.
Despois de acceder a Launchpad, introduza unha breve descrición do problema no campo «Summary».
Despois de premer Seguinte Launchpad buscará fallos similares no caso de que o fallo que envía xa fose comunicado. Se xa era un fallo coñecido, pode marcalo como tamén afectado. Pode subscribirse ao informe de fallo para recibir novidades sobre o progreso na súa solución. Se non era un fallo coñecido prema Non, preciso informar dun fallo novo.
Encha o campo da descrición coa máxima información posíbel. É importante que especifique tres cousas:
Que agardaba que ocorrese
Que ocorreu realmente
Se é posíbel, informe do número mínimo de pasos necesarios para reproducilo, o paso 1 sería «Iniciar o programa»
O seu informe obterá un número de ID, e o seu estado actualizarase a medida que avance a resolución. Grazas por axudar a mellorar Ubuntu.